O CULTURALISMO DESDE UNHA VISIÓN ECOLOXISTA

3097-89527-a-nacionalismo 6

Artículo en gallego de El Rincón de Martinico traducido por una amiga y compañera gallega.

“Globalistas no tempo localistas no espazo” Castells

Cando falamos de ser globalistas no tempo e localistas no espazo, facémolo concibindo a loita contra a mudanza global a nivel macro e a organización social e política desde o micro, entendendo daquela, que é a acción colectiva como internacionalistas xunto coa democracia directa e o municipalismo algúns dos ingredientes precisos para articular unha sociedade máis inclusiva, participativa e xusta para co conxunto dos pobos do mundo.

As culturas e os seus elementos diferenciadores teñen que ser escoitados e atendidos coa atención no presente, da mesma maneira que o foron no pasado en lugares como a Serra da Candona (sur de México) onde non revelarse contra o magnicidio da globalización implicaba en palabras do subcomandante Marcos a desaparición dunha gran parte da humanidade. Polo que somo nós, aquí e agora no sur de Europa, as que debemos empoderarnos como zapatistas entendendo que a caracterización diferenciadora e a organización “micro” fronte á “macro” serán as únicas ferramentas capaces de conxugar un novo paradigma no que os pobos do mundo sexan unha realidade inexorábel desde a construción do contra poder e cultura.

Os grandes capitais procuran a uniformidade dos pobos xunto coa destrución do planeta, de feito, afástannos das nosas orixes e realidade como especie, a homoxeneidade cultural entón, só pode implicar unha situación de carencia e ausencia de pertenza ao grupo (semellante aculturación xa trouxo a desgraza para moitos indios norteamericanos deturpados da súa lingua, cultura e pobos ao ser trasladados de cativos do Oeste á costa Leste para o seu proceso de “anglonización”). Cando falo da pertenza a un grupo non me refiro a exaltar un perante ao outro, senón que simplemente fago referencia a unha necesidade do ser humano a nivel antropolóxico. A nova lóxica idententitaria que se nos presenta só é identificadora mediante o consumo, o cal leva a unha gran parte das clases populares ao ostracismo e a miseria, despoxándolles da diferenza cultural e unificándoas dentro dun marco no que moitas/os xamais poderán encaixar polo feito de non ter medios necesarios para formar parte dunha lóxica implacábel que se basea na economía mecanicista, o individualismo e a uniformidade de pautas de vida, sen importar o espazo nin a historia dos pobos que pretenden conquistar, en definitiva, poderiamos definir a globalización como o novo imperialismo de finais do XX e comezos do XXI.

O pico do petróleo por outra banda, estanos a demandar outro tipo de relacións cos pobos e o planeta, situación que precisa axiña doutros marcos sociais e políticos onde o municipio e a comarca terán que xogar un papel principal e determinante no novo proceso de transformación social. A modo de exemplo podemos atopar no fenómeno “Cidades en Transición” movemento que xerou en lugares como Totnes (Inglaterra) unha case dependencia do petróleo, do mesmo xeito que unha serie de dinámicas que buscan e propoñen a autoxestión do pobo mediante moedas sociais, bancos de tempo, enerxías limpas, cooperativas de traballadores/as etc.

En definitiva e por tentar non alongarme e puntualizar, debemos ser conscientes de que o novo paradigma social, económico, político e filosófico virá do municipio e a comarca xa sexa por previa concienciación ou pola imposición do planeta, polo que non debemos esquecer que a solución aos problemas actuais NON SERÁ TÉCNICA, senón que pola contra, será localista no espazo e internacionalista no tempo.

Sen heteroxeneidade cultural estaremos perdendo unha parte moi importante da humanidade”

Advertisements

Leave a comment

Filed under Uncategorized

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s